Português (Portugal) English (United Kingdom)
You are here:   Parceiros > Ourense
  |  Login
 


Ourense naceu como a cidade de ouro e da auga. Así a chamaron os romanos, fundadores do primitivo asentamento ao que cualificaron como Aquae Aurente, do que deriva o topónimo actual. Pero é tamén o lugar das encrucilladas de camiños, no que o río Miño define a estampa paisaxística dunha cidade que se atopa entre a Galicia costeira e a España interior.

Unha das principais rutas do Camiño de Santiago, a Vía da Prata, pasa por Ourense, representada nesta exposición a través do Pórtico da Gloria da Catedral.

Ourense aproveita as súas privilexiadas características xeotérmicas (o río Miño posúe numerosos mananciais termais na súa conca). Son varios os balnearios públicos a ceo aberto onde os visitantes poden mergullarse en pozas de augas medicinais de até 40º. Ademais das súas propiedades terapéuticas, estes espazos están integrados na vida cultural da cidade.

Sendo capital de provincia e unha cidade de máis de 100.000 habitantes, Ourense conserva o seu tradicional ciclo festivo anual, moi ligado ao cambio estacional e ao calendario agrícola. As festividades comezan en febreiro coa celebración do Entroido, cando nenos e maiores saen á rúa a lucir os seus disfraces; segue con Día dos Maios, unha festa de raíces castrexas que festexa a chegada da primavera; a fins de xuño as Festas Maiores da cidade celebran a chegada do verán; no outono, ten lugar o Magosto (festa das cacharelas de novembro onde se asan castañas e outros produtos da tempada); e por último, as celebracións de Nadal pechan o ano festivo.

Ourense é unha cidade onde pasado, presente e futuro conviven en harmonía. Así, as rúas medievais perfectamente conservadas do Centro Histórico (cunha Catedral románica no seu corazón) conviven con amplas avenidas modernistas e cunha universidade punteira e en expansión.

 


Ourense was born as a city of gold and water. The Romans, who founded the original settlement, called it Aqua Aurente (Boiling Waters), from which comes the current name. This city, whose landscape is outlined by River Minho, is also a crossroads midway between the Galician coastline and inland Spain.

One of the most important routes of St. James’ Road to Santiago, the Silver Road, goes across Ourense, which is presented in this exhibition through the Gate of Glory of the Cathedral.

Ourense is proud of its geothermical resources (River Minho has many hot water springs). There are many public open-air spas where visitors can take a bath in pools of 40º thermal waters. Besides their therapeutical properties, these spaces are integrated in Ourense’s cultural life.

Being the capital of the province and a city of more than 100,000 inhabitants, Ourense keeps its traditional festive annual cycle, closely tied to seasonal change and the agricultural calendar.

The feast season begins in Februray with Mardi Gras, when hildren and adults dressed in funny costumes go out to dance to the sound of street musicians. Later, Ourense celebrates May Day, a feast with Celtic roots that commemorates spring. In late June, the Ourense Main Feasts take place to celebrate the arrival of summer. In autumn, it’s time of Magosto (the feast of November bonfires in which you grill chestnuts and other seasonal products). Finally, the Christmas celebrations close the festive year.

Ourense is a city in which past, present and future coexist in harmony. Thus, the perfectly preserved medieval streets of the Historic Downtown (with a omanesque Cathedral in its heart) coexist with wide Modernist boulevards and an important university in expansion.