Conferencia Internacional da Tradición Oral
Oralidade e Patrimonio Cultural
Os obxectivos da Conferencia Internacional da Tradición Oral no Proxecto Oralities son reflexionar sobre a produción da oralidade, a súa importancia como ferramenta de diálogo intercultural e de construción do patrimonio e, tamén, como unha realidade social que é preciso pór en valor a través da súa visibilización. Trátase, polo tanto, de crear un espazo no que especialistas, técnicos e estudantes poidan debater sobre as temáticas propostas.