PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS 

 

Esta conferencia está pensada para que especialistas, técnicos e estudantes poidan debater sobre as temáticas propostas.


Os interesados en participar nun dos paneis temáticos deben introducir, no formulario propio, dispoñible no link Rexistrarse, o resumo da proposta de comunicación que pode ser presentado en calquera das linguas oficias da conferencia e en inglés. Como a conferencia está integrada no proxecto Oralidades que se desenvolve en conxunto, as linguas oficiais, ademais do inglés, son: portugués, galego, español, italiano, maltés e búlgaro.

 

 

 

INSTRUCIÓNS PARA OS RESUMOS


Os resumos deben ter unha presentación clara e coherente da problemática que pretenden abordar.

Deben ter como máximo 2.500 caracteres (incluíndo espazos) e deben estar en inglés e en calquera outra das linguas oficiais da conferencia.


Data límite de envío: 15 de xullo de 2010

 


Unha vez avaliada a proposta polo Comité Científico, serán comunicados antes do 30 de xullo.


(Por favor, se non recibiron esta información no período establecido contacten coa organización da conferencia).

 


Despois de confirmada a súa participación na conferencia, os aceptados deben enviar o paper da súa comunicación para o e-mail: oralitiesconference@gmail.com. O paper deber ter como máximo 8.000 palabras e debe ser presentado en Times New Roman, número 12, a un espazo e medio. Pode ser escrito en calquera das linguas oficias da conferencia.

 

Data limite de envío: 15 de Setembro de 2010

 

 


Tanto as conferencias plenarias como os resumos e papers serán publicados. 

 

 

Inspired by Nina